CONCRETO — Estudio de Arquitectura CONCRETO — Estudio de Arquitectura
GL ES EN
Vivenda unifamiliar en Raxó (Poio) — CONCRETO Estudio de Arquitectura

CONCRETO — Estudio de Arquitectura · Poio, Pontevedra

Deseño funcional, sostible e a medida.

Entendemos a arquitectura como unha forma de dar resposta ao lugar, ás necesidades de cada proxecto e a quen o vai habitar. Desde 2004 traballamos en vivenda, rehabilitación e obra pública, combinando deseño, experiencia técnica e coñecemento da administración para desenvolver solucións claras, funcionais e duradeiras, coidando tanto a idea arquitectónica como a súa execución.

Enfoque

Arquitectura pensada para durar

En CONCRETO — estudio de arquitectura entendemos a arquitectura como un compromiso a longo prazo: co cliente, co lugar e co tempo. Acompañamos cada proxecto con dedicación e un seguimento próximo, ocupándonos de todo o proceso, desde as primeiras ideas ata a xestión administrativa e a obra. Propoñemos solucións axustadas a cada necesidade, combinando deseño, funcionalidade, eficiencia enerxética e calidade construtiva.

Servizos

En que traballamos

Seis liñas de traballo, un único acompañamento de principio a fin.

A

Vivenda nova, ampliación e interiorismo

Proxectos de vivenda unifamiliar, ampliacións, reformas integrais e interiorismo, adaptados ao uso, ao orzamento e ao lugar.

  • Vivenda unifamiliar de obra nova
  • Ampliacións, reformas integrais e interiorismo
  • Locais comerciais e pequena edificación industrial ou agrícola
B

Rehabilitación e accesibilidade

A nosa liña de traballo máis identificada: recuperación de edificación tradicional galega, intervención en patrimonio e adaptación de vivendas existentes, sen renunciar ao confort actual.

  • Rehabilitación de vivenda e edificación tradicional (cachotería, lousa, madeira)
  • Rehabilitación enerxética e resolución de patoloxías construtivas
  • Accesibilidade: adaptación e supresión de barreiras
  • Intervención en edificios catalogados ou en contornas protexidas
C

Dirección de obra

Acompañámoste en todo o proceso construtivo: asesoramento técnico en cada decisión e xestión completa da execución, cun único interlocutor dende o inicio ata a entrega das chaves.

  • Dirección de obra e dirección de execución
  • Coordinación de seguridade e saúde
  • Seguimento ata a obtención do certificado final de obra
D

Informes, certificacións e peritaxes

Documentación técnica independente para particulares, comunidades e pequenas empresas, con rigor e prazos claros.

  • Certificado de eficiencia enerxética (CEE)
  • Inspección Técnica de Edificios (ITE)
  • Informes de patoloxías construtivas e peritaxes técnicas
  • Valoracións periciais e informes urbanísticos
E

Actividade e legalizacións

Xestionamos licenzas de actividade, con ou sen obra asociada, e legalizacións de instalacións xa executadas, ocupándonos de toda a tramitación ante a administración.

  • Licenzas de actividade, con ou sen obra
  • Legalización de obras e instalacións existentes
  • Certificados para a regularización de vivendas
F

Parcelacións e segregacións

Redactamos proxectos de parcelación e segregación de fincas, axustados á Lei do Solo de Galicia e á normativa rexistral aplicable.

  • Proxectos de parcelación urbanística
  • Segregacións e agrupacións de fincas
  • Coordinación coa inscrición rexistral

Como traballamos

Como traballamos

01

Primeiro contacto e diagnóstico

Visitamos o lugar, escoitamos as necesidades reais e valoramos viabilidade técnica e orzamentaria.

02

Anteproxecto

Definimos a proposta, os criterios de deseño e unha primeira estimación de custos. Damos as voltas que faga falta ata que o resultado guste de verdade, apoiándonos en visualizacións que permiten ver a vivenda antes de construír e decidir con seguridade.

03

Proxecto de execución e trámites

Redactamos o proxecto completo e xestionamos licenzas e certificacións necesarias.

04

Dirección de obra

Acompañamos a execución ata a entrega, cun único interlocutor técnico durante todo o proceso. Non damos un proxecto por pechado ata a plena satisfacción do cliente ou promotor.

O estudio

CONCRETO — Estudio de Arquitectura

Estudio de arquitectura con sede en Poio, Pontevedra, dirixido por Gregorio L. Agís, arquitecto colexiado COAG nº 3187. Desde 2004 desenvolvemos proxectos de arquitectura, rehabilitación e dirección de obra, combinando experiencia técnica, coñecemento construtivo e unha atención directa durante todo o proceso.

Gregorio Agís, arquitecto director de CONCRETO — Estudio de Arquitectura
  • Arquitecto colexiadoCOAG nº 3187
  • SedePoio, Pontevedra

Proxectos

Proxectos

Unha mostra de proxectos, entre obra nova e rehabilitación de construción tradicional.

Rehabilitación

Seoane (A Baña)

Recuperación integral dunha vivenda tradicional de cachotaría no lugar de Seoane (A Baña), mantendo a estrutura orixinal en pedra e a cuberta de tella, con ampliación dun novo volume anexo ao existente.

Rehabilitación — Seoane (A Baña)

Clic na imaxe para velaa completa

Obra nova

Raxó (Poio)

Vivenda unifamiliar de nova construción na parroquia de Raxó (Poio), de volume compacto revestido en pedra clara e acabado metálico escuro na planta superior, con piscina e xardín integrados na parcela.

Obra nova — Raxó (Poio)

Clic na imaxe para velaa completa

Edificio público

Confraría de Pescadores de Cambados

Rehabilitación integral do edificio da Confraría de Pescadores de Cambados, recuperando a fachada histórica e adaptando o interior aos usos sociais e administrativos da confraría. Proxecto en coautoría, con dirección de obra a cargo do estudio.

Edificio público — Confraría de Pescadores de Cambados

Clic na imaxe para velaa completa

Obra nova

Recarei (Dorrón, Sanxenxo)

Vivenda unifamiliar de nova construción no lugar de Recarei (Dorrón, Sanxenxo), volume branco de liñas depuradas con zócolo en pedra clara na planta baixa, cuberta plana e valado perimetral de formigón. Autoría do proxecto e dirección de obra a cargo do estudio.

Obra nova — Recarei (Dorrón, Sanxenxo)

Clic na imaxe para velaa completa

Render de proxecto

Samieira (Poio)

Proxecto de vivenda unifamiliar en Samieira (Poio), volume branco combinado con revestimento en pedra clara na planta superior, con voadizo, peche de vidro en balcón e iluminación exterior integrada no xardín. Autoría do proxecto e dirección de obra a cargo do estudio. Imaxe de proxecto (render).

Render de proxecto — Samieira (Poio)

Clic na imaxe para velaa completa

Obra nova

Casa Alfonso — Raxó (Poio)

Vivenda unifamiliar en Raxó (Poio). Volume en dúas alturas, planta baixa revestida en branco e planta superior en panel metálico escuro voado sobre a fachada, con terraza e xardín con vistas á ría. Autoría do proxecto e dirección de obra a cargo do estudio.

Obra nova — Casa Alfonso — Raxó (Poio)

Clic na imaxe para velaa completa

Contacto

Falemos do teu proxecto

Escríbenos ou chama; respondemos persoalmente.

Os teus datos só se usan para responder á túa consulta. Máis información na política de privacidade.

Enderezo Avda. de Andurique, 3A – 2ºB · 36163 Poio, Pontevedra Abrir en Google Maps ↗
Teléfono 986 00 38 07
Colexiado Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia (COAG) – nº 3187